Visualizacións de páxina totais

domingo, 28 de febreiro de 2016

APRENDEMOS XOGANDO...

Os cativos de 5 anos B levamos unhas semanas aprendendo unha morea de cousas sobre o noso corpo: como é por fóra, como é por dentro... investigando a través de diversos libros informativos, instrumentos, roupas, xogos ... todas estas cousas fannos aprender dunha forma doada e, sen decatarnos, xa coñecemos mellor os nosos órganos internos e o seu funcionamento.
Os diferentes elementos aportados polas nosas familias axudáronnos moito a aprender como é e como funciona o corpo humano. MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

mércores, 17 de febreiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA estivo pasando estes días de vacacións con LUCAS e coa súa familia. Pasaron uns días moi divertidos en familia, xogando a  moitos xogos e disfrutando dos doces típicos do ENTROIDO. 
Aquí podedes ver a LUCAS na súa exposición oral:




FAMILIA, GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

venres, 12 de febreiro de 2016

OS NOSOS DISFRACES!

E unha vez máis os cativos de 5 anos decidimos disfrazarnos de algo relacionado co que andamos aprendendo na aula: o coidado do noso corpo e a nosa saúde. Así que puxémonos a facer os nosos disfraces de doutores amodiño e cunha morea de detalliños: bata branca, os nosos apelidos no peto, os instrumentos necesarios para pasar consulta... Ata fixemos o noso maletín de doutor! Non nos falta detalle!

E despois no noso Festival desfilamos para as nosas familias e compañeiros e bailamos cunhas fermosas cancións. Queredes bailar?:


mércores, 10 de febreiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA estivo pasando uns días de xogo e diversión con BIVA e a súa familia. Xogaron moito co seu irmán e tamén se disfrazaron!
Aquí a podedes ver a BIVA contando todo:




GRAZAS POLA COLABORACIÓN FAMILIA!

mércores, 3 de febreiro de 2016

SEMANA DA PAZ


Unha vez máis estivemos nesta semana falando sobre a PAZ, a AMIZADE, e o RESPECTO entre todos nós. Lemos contos, cantamos cancións e fixemos unhas fermosas manualidades para representar a PAZ. Tamén compartimos cos nosos compañeiros e mestres unha pequena celebración no pavillón.



Aquí podedes ver a canción elexida deste ano: 
http://chilsemania.blogspot.com.es/2016/01/30-de-enero-dia-de-la-paz.html

martes, 2 de febreiro de 2016

PLANTAMOS O NOSO BULBO DE TULIPÁN!

Despois de tanto investigar... por fin nos puxemos a plantar! Seguimos as indicacións que nos daba un fermoso libro que trouxemos da BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA e... agora só nos queda esperar... sairá desta fermosa maceta que nos regalaron na biblioteca un fermoso tulipán? De que cor será? Xa temos ganas de ver como crece! 
Pero por agora hai que esperar... así que decidimos poñelo nun lugar soleado e sen correntes de aire, como decía o libro. Está moi ben acompañado coas outras plantiñas que temos na aula e que coidamos con moito cariño... seguro que con nós vai ser feliz!


luns, 1 de febreiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA disfrutou moito con Inés e a súa familia na fin de semana. Xogou moito con ela, saiu de paseo, e ata pasou pola lavadora, porque a pobre tiña algunhas manchas no seu corpiño xeitoso...
Aquí podedes ver a Inés explicándonos todo: 




GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIA!