Visualizacións de páxina totais

domingo, 31 de xaneiro de 2016

VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA!

Os cativos de 5 anos B estivemos fai uns días na Biblioteca do noso barrio porque tiñamos que investigar como era eso de plantar un bulbo de tulipán. Alí axudáronnos a buscar toda a información e, ademáis tamén nos amosaron moitos libros fermosos; e tamén descubrimos como están clasificados e ordenados nos andeis para atopalos dunha forma doada. Aproveitamos para traer un libro que nos explicaba e amosaba con debuxiños como plantar o noso bulbo, e tamén escollemos libros e contos ben fermosos para disfrutar deles todo un mes! Ademáis as nosas amigas bibliotecarias déronnos unha cousiña que nos gustou moito para plantar o noso tulipán!  Ser socio da biblioteca é fantástico!


luns, 25 de xaneiro de 2016

FACEMOS A COMPRA!

Os Cativos de 5 anos B imos aprender neste trimestre moitas cousas sobre a alimentación saudable e a pirámide alimenticia. E unha boa forma de aprender é a partires da nosa realidade máis cotiá na aula: a nosa merenda! Así que decidimos empezar a coñecer máis cousas sobre os alimentos preparando unha merenda e unha macedonia de froitas deliciosas, e desta maneira diferenciar os diferentes grupos alimenticios, a partires da súa degustación.

Así pois, quixemos ir facer a nosa compra no SUPERMERCADO EROSKI  que está no noso barrio; neste supermercado atopamos todo o necesario para facer o noso menú: bocadillo e macedonia. O persoal do supermercado amosounos cada unha das seccións do supermercado, axudounos a facer a nosa compra e aclarou todas as nosas dúbidas. Aprendemos e disfrutamos moito nesta visita.  MOITAS GRAZAS!

Aquí podedes ver imaxes da nosa visita ao EROSKI:




domingo, 24 de xaneiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA estivo pasando uns días con Miguel e coa súa familia. Fixeron unha morea de cousas xuntos... con tanta diversión a BIMBA ata tiveron que arranxarlle o rabo pois con tanta aventura viaxeira estaba un pouquiño descosido!.
Aquí podedes ver a Miguel na súa exposición oral:


  

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, FAMILIA!

martes, 19 de xaneiro de 2016

RECIBIMOS UN AGASALLO!


O outro día recibimos un fermoso agasallo de parte dun señor chamado XACINTO REGADEIRA! Mirade o que nos poñía na notiña:


Menuda sorpresa! Canto nos gustou recibir este agasallo, un fermoso BULBO DE TULIPÁN:

Pero como nós non somos xardiñeiros, andamos estes días ben atarefados buscando información para saber que facer co noso bulbo de tulipán. Así que estamos preguntando nas nosas casas, buscando en internet, na biblioteca da escola... Ata decidimos facer unha visita á Bilioteca Sagrada Famila! Está no noso barrio e sabemos que ten moitos libros... Seguro que alí nos poden axudar! Temos que aprender ben como é iso de plantar e coidar un tulipán!


luns, 18 de xaneiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA pasou a fin de semana con Enma e a súa familia. Como estaba tan mal tempo, estiveron xogando cos xoguetes novos de Enma. Tamén aproveitou a nosa mascota para tomar unha sesta na cuna de Carlitos, o irmán de Enma.
Aquí podedes ver como Enma nos amosa todo:




 GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, FAMILIA!