Visualizacións de páxina totais

domingo, 29 de novembro de 2015

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

Desta vez PAULA foi quen levou a BIMBA pasar unha fin de semana estupenda con ela e a súa familia. Fixeron moitas cousas xuntas, e ata traballaron un pouco facendo unha sorpresiña para a clase de 5 anos!
Aquí vedes a PAULA contándonos todo e amosándonos as fotiños que nos trouxo:




GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIA!

xoves, 26 de novembro de 2015

NA HORTA!

Unha vez máis os cativos de 5 anos B fomos á nosa hortiña observar como medran as nosas plantas, e para limpar e regar un pouco.
Desta vez plantamos nun buratiño un par de plantiñas de acelga e brécol, que xa acompañan ás outras plantiñas que plantaron os nosos compañeiros. Tamén aproveitamos para sementar as cenorias que nos trouxo Samuel, como eran sementes fixemos un carreiro e puxémolas dentro ben amodiño porque co vento voaban todas!
Estamos facendo un bó traballo... ata temos amorodos ben vermellos! Mirade como o facemos:

martes, 24 de novembro de 2015

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA  estivo pasando uns días na casa de Lucía para disfrutalos na compaña da súa famila. Fixeron unha morea de cousas xuntas: xogar, merendar, ir ao parque... Lucía trouxonos moitas fotiños para amosarnos todo o que disfrutou con BIMBA.
Aquí podedes ver a Lucía na súa exposición oral:




GRAZAS  POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIA!


domingo, 22 de novembro de 2015

MAGOSTO 2015

Un anos máis os cativos de Educación Infantil celebramos o MAGOSTO na nosa escola. Fixemos manualidades, degustamos froitos e doces de outono, cantamos, xogamos... cantas cousas fixemos nestes días!
Aquí podedes ver unha pequena mostra deste día de celebración, no que fixemos xogos no patio e despois degustamos unhas castañas asadas ben saborosas:



mércores, 18 de novembro de 2015

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

Unha vez máis, BIMBA anda de visita polos nosos fogares. Esta vez foi pasar a fin de semana na casa de AITANA. Aquí a podemos ver contarnos todas as cousas que con ela fixo e canto disfrutaron xuntas. As fotiños que AITANA nos trouxo amosan o ben que o pasaron. 


 
 GRAZAS FAMILIA!

luns, 16 de novembro de 2015

CONCURSO!

O noso compañeiro Rubén e a súa familia presentaron unha fermosa Torta de cabaza e chocolate no concurso deste ano de doces propios do outono. Fomos todos xuntiños ver a exposición... que boa pinta tiña todo!
Despois levamos a torta para degustar na nosa aula.
GRAZAS RUBÉN! GRAZAS FAMILIA!


venres, 13 de novembro de 2015

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA segue pasando as fins de semana cos cativos de 5 anos. Esta vez foi AINARA e a súa familia os que a coidaron, e a levaron de paseo e de compras... 
Aquí podedes ver a exposición oral de AINARA:




GRAZAS FAMILIA! GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

xoves, 12 de novembro de 2015

XOGAMOS?


Inés trouxo unha fermosa manualidade á aula feita na casa coa axuda da súa familia. É un xogo feito con cartón reciclado! Temos que meterlle boliñas dentro da cabeza monstruosa... gústanos moito, tanto que xogamos con él todos os días un pouquiño.
GRAZAS INÉS! GRAZAS FAMILIA!

luns, 9 de novembro de 2015

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA, a nosa mascota de aula deste curso, está pasando as fins de semana con cada un de nós e coas nosas familias.
CARLOTA  pasou uns días moi divertidos con BIMBA, que a acompañou a todas partes, e fixo unha morea de cousas con ela e seu irmán: xogar, ler contos, bailar rock... e así nolo contou todo na aula:



 
GRAZAS FAMILIA!
GRAZAS POR COMPARTIR ESTA FERMOSA ACTIVIDADE CON NÓS!

xoves, 5 de novembro de 2015

COMO RECONOCER A UN MONSTRUO...


Este conto é un dos contos novos da nosa biblioteca que máis nos gustou nestes días de outubro! É moi divertido! E non mete nada de medo...  A partires deste conto, decidimos "crear" entre todos un monstruo para a nosa clase: cada un de nós debuxou unha parte e, entre todos, puxémoslle nome. Chámase LISA, e vixia a nosa entrada da clase para que ninguén nos veña molestar cando traballamos...