Visualizacións de páxina totais

domingo, 31 de maio de 2015

AMORODOS!


O outro día cando fomos regar á nosa horta atopamos uns fermosos amorodos agromando da nosa planta! Empezamos a berrar coa emoción, que contentos nos puxemos! Pero pouco nos durou a alegría, porque un "visitante" veu á nosa horta e ... comeu un cacho do amorodo máis grande e fermoso! Estamos preocupados, quedará algo PARA NÓS?

mércores, 27 de maio de 2015

CONTACONTOS!


Este venres os cativos de 4 anos tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca. Alí atopamos unha morea de animais, cada un contando unha cousa diferente... pero todos eles saían dos contos que viñan nunha maleta ben sorprendente! Tamén houbo un momento para a maxia... cousas que aparecían e desaparecían diante de nós... quedamos ben sorprendidos! 

domingo, 17 de maio de 2015

DÍA DAS LETRAS


Os cativos de 4 anos B estivemos esta semana falando sobre o Día das Letra Galegas, e aprendendo moitas cousas sobre a vida e obra da persoa homenaxeada este ano: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE. Tamén fixemos un pequeño caderno para levar para a casa e compartir coas familias. 
Co motivo da celebración deste día o profe de Música, Javier, pasounos este ano unha canción para cantar todos xuntos no pabellón. Gustounos moito e aprendémola moi ben, aquí vos deixamos unha mostra dun ensaio na aula... Canto nos gusta cantar e bailar!


mércores, 13 de maio de 2015

LEITUGAS!

Os cativos de catro anos estivemos a semana pasada moi atarefados recollendo as leitugas da nosa horta. Temos a horta cargadiña de verduras (e algún que outro becho) e xa temos que ir recollendo os froitos das sementes plantadas fai uns meses.
Xa na clase plantamos as nosas leitugas nunhas fermosas macetiñas para levar para as nosas casas. Que bonitiñas que son! Agora só temos que coidalas moi ben para que crezan moito e poidamos facer unha ensalada!

mércores, 6 de maio de 2015

A NOSA PRIMAVERA!

Os cativos de 4 anos B levamos unhas semanas aprendendo moitas cousas sobre a nova estación: os cambios atmosféricos, as prendas de vestir, o verde das árbores; a aparición de plantas, flores e bechos por todas partes... 
E despois de falar polo miúdo destas cousas pensamos como facer o noso mural no corredor. Decidimos que a nosa primavera fora luminosa e alegre... nada de choiva! Pintamos con rodillo e pincel un ceo e un prado ben fermosos, e cada un de nós púxolle unnha flor e unha xoaniña. Gustounos moito como nos quedou!

Agora que xa está rematado amosamos orgullosos o noso traballo!