Visualizacións de páxina totais

sábado, 31 de maio de 2014

FORZA DEPOR!



OS CATIVIÑOS DE 3 ANOS B CO DEPOR.... 
FORZA DEPOR!!




O CEIP SAGRADA FAMILIA EN BRANCO E AZUL

E AQUÍ FAMILIAS, PODEDES VERNOS EN VIDEO:

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!


xoves, 29 de maio de 2014

FLORES

Nestes días de primavera os cativiños de 3 anos B estivemos aprendendo moitas cousas sobre as flores: as súas formas, os seus tamaños, as súas partes, as diferentes cores, como se chaman... E despois de aprender os seus nomes, aproveitamos para pintar flores sobre un fermoso ceo azul. 
Mirade que ben nos quedaron:

luns, 26 de maio de 2014

APRENDEMOS XOGANDO

Os cativiños de 3 anos B xa temos na nosa aula outro número máis para xogar e disfrutar. Gústanos subirnos a el para facer o seu contorno e aprender como é.... fainos gracia ver que ten dúas barrigas redondiñas. Si, familias, estamos a falar do número 3!


mércores, 21 de maio de 2014

DÍA DA FAMILIA


Os cativiños de infantil fixemos un pequeno agasallo para o Día da Familia, que cada ano se celebra o 15 de maio. Este agasallo é para xogar na compaña das persoas que nos queren, e que forman parte da nosa familia.

Tamén aprendemos unha canción sobre a familia que nos gusta moito. Aquí podedes disfrutar dela:


martes, 20 de maio de 2014

MENUDA VISITA!

O venres os cativiños de 3 anos tivemos na nosa aula unha visita moi especial:


Chámase Tambor... é unha monada! Encantounos a súa visita.

xoves, 15 de maio de 2014

BIBLIOTECA SAGRADA FAMILIA

Os cativiños de 3 anos B  fomos hoxe de visita á BIBLIOTECA SAGRADA FAMILIA. O paxariño OLE mandounos unha carta e fomos visitalo . E alí estaba el, acompañado das súas amigas as bibliotecarias, que nos amosaron a biblioteca e tamén unha morea de contos fermosos...
Mirade o ben que o pasamos:


E aquí, familias, os vosos nenos "en acción":




martes, 13 de maio de 2014

CONTACONTOS

O cativiños de Educación Infantil tivemos o 7 de maio, na nosa biblioteca, unha sesión de contacontos con Iago, que nos trouxo dous fermosos contos: O aprendiz de home do saco, e O señor corpo quere xogar.
Aquí nos podedes ver disfrutando da actividade:


venres, 9 de maio de 2014

ARTE RUPESTRE

Os cativiños de 3 anos levamos uns días aprendendo cousas sobre os homes primitivos: como vivían, como vestían, como se alimentaban... e unha das cousas que máis nos gustou foi saber que pintaban nas paredes das cavernas nas que vivían! 
E poñendo un papel continuo ben grande, a modo de parede dunha caverna prehistórica, estivemos "imitando" a arte rupestre. Pintamos mamuts, bisontes, peixes, ríos, paisaxes...  e quedounos todo  ben  fermoso!
Aquí podedes ver, familias, o noso proceso creativo:

mércores, 7 de maio de 2014

IDEAS

As nosas compañeiras Paula e Inés fixeron na casa, coa axuda das súas familias, uns fermosos ovos decorados. Trouxéronos á escola para enseñarnos a todos estas fermosas creacións, e explicarnos como foi a súa elaboración. Grazas, familias!



xoves, 1 de maio de 2014

CONTACONTOS

Os cativiños de 3 anos estivemos nestes días desenvolvendo diversas actividades relacionadas co Día do Libro: contar e mirar contos, facer un marca-páxinas, falar dos nosos contos favoritos, "escenificar" partes divertidas dun conto (unha das nosas favoritas é a dos tres porquiños)...
E unha destas actividades que nos gustou moito foi a sesión de contacontos na nosa biblioteca. Grazas á profe Mª José por compartir con nós o conto CRONIÑONA.