E hoxe tivemos unha nova visita na escola. Papá Noel e os seus elfos viñeron a recoller as nosas cartas e, de paso, cantaronnos unhas cancións moi marchosas. Como podedes ver, familias, este Papá Noel era moi "rockanroleiro" e estaba moi "rexuvenecido"...
Hoxe recibimos unha visita moi especial. Estivemos preparando as nosas cartas para os Reis Magos, que viñeron á nosa escola: recolleron as nosas cartas, atenderon as nosas peticións, e ademáis déronnos uns carameliños ...
Os cativos de 3 anos B fixemos nas nosas casas, coa axuda das nosas familias, unhas árbores ben fermosas para decorar a nosa escola. E aquí nos podedes ver "posando" coas nosas árbores e decorando os corredores da nosa escola...
GRAZAS FAMILIAS, UNHA VEZ MÁIS, POLA VOSA COLABORACIÓN!
Nestes días os cativiños de 3 anos B estivemos aprendendo cal era o círculo e cal era o cadrado, que o círculo é redondiño coma o sol e que o cadrado ten catro "piquitos".
E unha boa maneira de asentar estes conceptos foi observar este fermoso cadro de KANDINSKY: "Cuadrados con círculos concéntricos".
Descubrimos que hai círculos de moitas cores, e que todos están dentro dunha "ventana" que é cadrada. Tamén chegamos a unha conclusión: hai 12 cadrados, pero círculos non sabemos cantos son... decidimos que eran ¨moitos".
E aquí familias, podedes ver unha pequena mostra do noso proceso de creación inspirándonos en KANDINSKY e na súa obra: