Visualizacións de páxina totais

mércores, 21 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018!


A NOSA INSPIRACIÓN...

"TORRE DE HÉRCULES" POR JERÓNIMO PÉREZ

Desta vez os cativos de 5 anos decidimos disfrazarnos de TORRE DE HÉRCULES, patrimonio noso e da Humanidade. Estivemos buscando ata que atopamos unha torre fermosa, luminosa, chea de vida... que nos gustou moito, e despois decidimos facer os nosos disfraces a partires do cadro de JERÓNIMO PÉREZ. Nesta tarefa traballamos arreo nos traxes(cos cales nos axudaron as nosas familias), no completemento da cabeza; e fixemos tamén un fermoso barco e unha gran TORRE DE HÉRCULES para o FESTIVAL. Preparamos todo con moita ilusión! E PASÁMOLO MOI BEN !


GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
GRAZAS POR VIR A VERNOS E DISFRUTAR CON NÓS!

xoves, 15 de febreiro de 2018

IMAGINE...



Aproveitando que estivemos no mes de xaneiro traballando sobre a PAZ e a NON VIOLENCIA, o noso compañeiro HUGO trouxonos un fermoso libro que fala da busca da  PAZ  e  da  AMIZADE. Gústounos moito!  Grazas Hugo, por compartilo con nós.

Aquí podedes ver a historia completa:



E AQUÍ A CANCIÓN QUE MÁIS NOS GUSTOU...



mércores, 7 de febreiro de 2018

A ROSA DOS VENTOS

Os cativos de 5 anos C sabemos que desde a nosa TORRE DE HÉRCULES vese unha fermosa ROSA DOS VENTOS, un espectacular mosaico feito polo artista coruñés  Xabier Correa Corredoira.
Pareceunos tan fermoso que decidimos investigar o que significaba, posto alí, preto do mar e dos cantís. O que representaban os seu debuxos, as súas cores, as súas letras...  e aprendemos unha morea de cousas!
E tanto nos gustou que decidimos usalo como un símbolo de PAZ e UNIÓN entre diferentes pobos, culturas, e persoas...  e levámolo ben orgullosos na nosa celebración do DÍA DA PAZ


Neste enlace podedes ver máis información:

xoves, 1 de febreiro de 2018

A NOSA TORRE!

Os cativos de 5 anos C  estamos neste principio de ano aprendendo moitas cousas sobre a nosa fermosa TORRE DE HÉRCULES! Facemos diferentes investigacións: buscámola no satélite, curioseamos na súa historia, aprendemos as súas lendas, aprendemos como é por dentro e por fóra...
Traemos unha morea de información á nosa aula que nos axuda a aprender todos xuntos, observando, manipulando, creando... éche ben divertido!

TORRE

Tedes toda a información na súa web: 

TODOS OS LUNS DO ANO PODEDES ENTRAR GRATIS!!