Visualizacións de páxina totais

domingo, 24 de decembro de 2017

ESTIMADAS FAMILIAS:
BO NADAL!
FELIZ NAVIDAD!
MERRY CHRISTMAS!

CREAMOS A NOSA ÁRBORE!

E unha vez máis os cativos de 5 anos C decidimos crear a nosa árbore entre todos... 
Como nos gusta dar un novo uso aos  materiais que temos na aula!
Compartimos momentos, aportamos ideas, creamos... 


venres, 22 de decembro de 2017

VISITA SORPRESA!

Nesta semana de decembro rebicimos na escola unha visita moi especial... 
MENUDA SORPRESA! 
Aproveitamos a oportunidade para falar coas súas maxestades, contarlles as cousas que nos gustan, e amosarlles as nosas cartiñas, para que se lembren moi ben de nós e das nosas peticións...

mércores, 20 de decembro de 2017

DECORANDO O NADAL...

Os cativos de 5 anos C fixemos nas nosas casas, coa axuda das nosas familias unhas fermosa decoracións propias do Nadal. Quedaron moi fermosas! GRAZAS FAMILIAS!

luns, 11 de decembro de 2017

XOGANDO CO SATÉLITE...

Na nosa aula estivemos atopando a nosa cidade no mapa, aparece formando parte de Galicia e de España. É moi interesante! Podedes ver a nosa cidade no mapa desde este enlace :

Pero o que máis nos gusta é xogar co satélite! Buscar a nosa cidade no planeta TERRA, e ir achegándonos cada vez máis e máis... ata chegar ao noso cole! E podemos ver todo, todo, todo... o noso pabellón, o patio, a nosa clase... é impresionante! PARECE MAXIA
Podedes ver a cidade co satélite desde este enlace:



SATÉLITE