Visualizacións de páxina totais

domingo, 26 de novembro de 2017

AS PRAIAS DA CORUÑA...

Os cativos de 5 anos C levamos unhas semanas aprendendo moitas cousas sobre as praias da nosa cidade: como son, onde están, cántas hai, cales nos gustan moito... As que teñen unha arena fermosa para xogar a facer castelos... as que teñen olas tan grandes que podemos surfear... as que están protexidas do vento para tomar o sol tranquiliños... e ata unha que ten unha serea vixiando os noxos xogos na beira do mar!  
QUE BONITIÑAS QUE SON! GÚSTANNOS MOITO!
Observamos as súas características físicas: rochas, area, mar, cantís... Éche ben interesante ver que hai tantas e tantas! E cada unha delas con algo especial! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario