Visualizacións de páxina totais

domingo, 15 de outubro de 2017

OS CATIVOS DE 5 ANOS XA ESTAMOS A VIVIR NOVAS AVENTURAS!


Fomos xuntiños polo patio da escola e atopamos 3 paquetiños moi ben atados, que tiñan dentro uns cachos de papel un pouco vello e decolorido... que interesante!
Aínda que daban un pouco de noxo porque estaban vellos e sucios, puxémonos a mirar con atención e atopamos que os tres cachiños encaixaban!
Menuda sorpresa! E despois de encaixalos puxémonos a buscar cousas que alí había... unha torre, un pirata, unha illa, un tesouro, un paraíso tropical... canta imaxinación temos!
Decidimos poñer en conxunto as nosas ideas nunha Comisición Investigadora, na cal estaban as nosas compañeiras Karla e Matilde. Coa súa axuda volvemos a analizar todo con moita atención e chegamos a unha conclusión: as pezas do puzzle formaban un mapa antigo dunda cidade... 


MAPA


PERO CAL É ESTA CIDADE? 





Ningún comentario:

Publicar un comentario