Visualizacións de páxina totais

martes, 24 de outubro de 2017

xoves, 19 de outubro de 2017

INVESTIGAMOS!

Pois despois dun minucioso traballo de observación e de lectura das palabras atopadas no mapa antiguo, os cativos de 5 anos C chegamos a unha conclusión: o mapa representa unha antiga cidade , CRUNIA

Pero nesta cidade había:
                            *un porto con moitos barcos
                      *mar por todos lados menos unha parte de terra
                      *moitas rochas e cantís
                      *unha praia grande
                      *unha praia de San Amaro
                      *unha illa cun castelo de San Antón
                      *casas pequeniñas (non edificios!)
                      *unha Torre de Hércules!!




Pois xa o temos ben claro. É un mapa da nosa cidade! 
A CORUÑA!

domingo, 15 de outubro de 2017

OS CATIVOS DE 5 ANOS XA ESTAMOS A VIVIR NOVAS AVENTURAS!


Fomos xuntiños polo patio da escola e atopamos 3 paquetiños moi ben atados, que tiñan dentro uns cachos de papel un pouco vello e decolorido... que interesante!
Aínda que daban un pouco de noxo porque estaban vellos e sucios, puxémonos a mirar con atención e atopamos que os tres cachiños encaixaban!
Menuda sorpresa! E despois de encaixalos puxémonos a buscar cousas que alí había... unha torre, un pirata, unha illa, un tesouro, un paraíso tropical... canta imaxinación temos!
Decidimos poñer en conxunto as nosas ideas nunha Comisición Investigadora, na cal estaban as nosas compañeiras Karla e Matilde. Coa súa axuda volvemos a analizar todo con moita atención e chegamos a unha conclusión: as pezas do puzzle formaban un mapa antigo dunda cidade... 


MAPA


PERO CAL É ESTA CIDADE? 





xoves, 12 de outubro de 2017

XA É OUTONO!

Os cativos de 5 ANOS C fixemos a nosa primeira manualidade do curso pintando unhas árbores de outono.
Quedáronnos tan bonitiñas que decidimos levalas para as nosas casas!
Como nos gusta manchar as mans...

domingo, 1 de outubro de 2017


Estimadas familias: Xa estamos de volta!  Xuntos outra vez!

Este 11 de setembro comezamos un novo curso, que unha vez máis será moi especial para todos nós...  e que xa estamos empezando con moita ilusión e con moitas ganas de aprender xuntos día a día.

E voltaremos a sair por esta ventaniña para amosar as nosas actividades de aula, as nosas creacións, as nosas aprendizaxes... Xa estamos desexando compartir convosco as moitas e divertidas aventuras que nos irán acontecendo durante este curso... 

Esperamos contar unha vez máis coa vosa inestimable colaboración, e tamén cos vosos comentarios!  Estades listos? Comenzamos!!