Visualizacións de páxina totais

venres, 23 de decembro de 2016

VISITAS ESPECIAIS!

Neste martes os cativos de E. Infantil tivemos a sorte de que viñeron a visitarnos os Reis Magos! Aproveitamos a súa vista para falar con eles un pouquiño, amosarlle as nosas cartiñas, explicarlles cales son os nosos desexos e probar uns carameliños que nos deron por ir a saudalos...

xoves, 22 de decembro de 2016

DECORANDO O NADAL...

Os cativos de 4 anos C decidimos dar unha volta polo noso fermoso xardín para buscar ramiñas secas das nosas árbores de outono. E con elas decidimos facer unha manualidade ben fermosa!  
Aproveitamos as cousas que a natureza nos da, e que temos na nosa escola, para crear unha orixinal árbore de Nadal...
Cando voltemos das vacacións, haberá algún agasallo debaixo da nosa árbore?

martes, 20 de decembro de 2016

DECORACIÓNS DE NADAL

Os cativos de 4 anos C fixemos nas nosas casas, coa axuda das nosas familias uns fermosos bonecos de neve para decorar o noso pasillo. 
Quedaron fenomenal. 
GRAZAS FAMILIAS!

domingo, 11 de decembro de 2016

PROGRAMA EDUCASAÚDE


Os cativos de 4 anos C temos neste mes de decembro o PROGRAMA EDUCASAÚDE na nosa aula. Levarase a cabo en tres sesións con diferentes profesionais da saúde que virán de visita á nosa aula, e que nos axudarán a ter uns hábitos saudables. Na primeira visita faláronnos da importancia de comer máis verduras, froita, peixe... e menos larpeiradas! E tamén do lavado dos dentes despois das comidas.

Máis información no enlace :  EDUCASAÚDE

martes, 6 de decembro de 2016

APRENDEMOS XOGANDO...

Os cativos de 4 anos C estamos contando todo o que se nos pon por diante!
Todo nos val para aprender a serie numérica. Contamos animais domésticos e salvaxes, pezas de construccións, follas de outono, dinosaurios... Aprendemos con diferentes xogos facendo series, agrupando, unindo números coas súas cantidades... estes xogos manipulativos  axúdannos a interiorizar cada número coa súa cantidade. 
Éche ben divertido aprender xogando!