Visualizacións de páxina totais

mércores, 27 de abril de 2016

SAÍMOS DE VISITA!

Os cativos de 5 anos B fixemos a semana pasada unha visita moi especial! Fomos á RESIDENCIA LA CIUDAD, unha residencia de ancianos situada na Cidade Vella. Alí coñecemos a persoas ben interesantes e divertidas, que estiveron a pasar a mañán con nós. Fixemos unha morea de amigos!
Tamén coñecemos ao Profe MIGUEL que nos enseñou moitos xogos para facer en parellas coas persoas que alí estaban, compartindo connosco esta fermosa actividade.
Pasámolo moi ben! E ata tivemos algún agasallo! Mirade, mirade:


luns, 25 de abril de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA estivo pasando uns días de visita coñecendo a familia de AVRIL. Pasouno moi ben, porque foi ata Ferrol a pasar uns días de aventuras e moita diversión.
Aquí podedes ver a AVRIL na súa exposición oral:




GRAZAS FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN!

venres, 22 de abril de 2016

DALIAS!

Os cativos de 5 anos B estivemos aprendendo cousas sobre as sementes, como se prantan e tamén como se coidan para que delas poidan sair fermosas prantas e flores. Investigamos buscando información en diferentes libros e decidimos poñer en práctica o aprendido!
Así pois, puxémonos a facer unha fermosa sementeira de DALIAS, unhas prantas ben fermosas, que xa sabemos que poden ser de moitas cores, e que teñen forma redondiña, coma un "pompón".
Agora só temos que ir observando cada día para ver se saen... e se o fixemos ben ou non.
Nacerán todas?


mércores, 20 de abril de 2016

PRIMAVERA!

Levamos uns días facendo manualidades sobre a primavera, decoramos a nosa clase para recibir esta nova estación que tanto nos gusta! As árbores énchense de follas e agroman as flores, aparecen as bolboretas e as xoaniñas... todo cambia, todo renace. Aproveitamos tamén para seguir observando como están a crecer as prantiñas que temos na nosa aula: cenorias, tulipáns, cactus, tomiño, romero...

venres, 8 de abril de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA estivo pasando uns días con JIAJIA e coa súa familia. Pasouno moi ben con ela, xogando cos seus xoguetes e indo de paseo. Tamén foron facer a compra ao supermercado e BIMBA portouse moi ben.
Aquí está JIAJIA contando e amosando as fotiños que trouxo:



GRAZAS FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN!