Visualizacións de páxina totais

venres, 23 de decembro de 2016

VISITAS ESPECIAIS!

Neste martes os cativos de E. Infantil tivemos a sorte de que viñeron a visitarnos os Reis Magos! Aproveitamos a súa vista para falar con eles un pouquiño, amosarlle as nosas cartiñas, explicarlles cales son os nosos desexos e probar uns carameliños que nos deron por ir a saudalos...

xoves, 22 de decembro de 2016

DECORANDO O NADAL...

Os cativos de 4 anos C decidimos dar unha volta polo noso fermoso xardín para buscar ramiñas secas das nosas árbores de outono. E con elas decidimos facer unha manualidade ben fermosa!  
Aproveitamos as cousas que a natureza nos da, e que temos na nosa escola, para crear unha orixinal árbore de Nadal...
Cando voltemos das vacacións, haberá algún agasallo debaixo da nosa árbore?

martes, 20 de decembro de 2016

DECORACIÓNS DE NADAL

Os cativos de 4 anos C fixemos nas nosas casas, coa axuda das nosas familias uns fermosos bonecos de neve para decorar o noso pasillo. 
Quedaron fenomenal. 
GRAZAS FAMILIAS!

domingo, 11 de decembro de 2016

PROGRAMA EDUCASAÚDE


Os cativos de 4 anos C temos neste mes de decembro o PROGRAMA EDUCASAÚDE na nosa aula. Levarase a cabo en tres sesións con diferentes profesionais da saúde que virán de visita á nosa aula, e que nos axudarán a ter uns hábitos saudables. Na primeira visita faláronnos da importancia de comer máis verduras, froita, peixe... e menos larpeiradas! E tamén do lavado dos dentes despois das comidas.

Máis información no enlace :  EDUCASAÚDE

martes, 6 de decembro de 2016

APRENDEMOS XOGANDO...

Os cativos de 4 anos C estamos contando todo o que se nos pon por diante!
Todo nos val para aprender a serie numérica. Contamos animais domésticos e salvaxes, pezas de construccións, follas de outono, dinosaurios... Aprendemos con diferentes xogos facendo series, agrupando, unindo números coas súas cantidades... estes xogos manipulativos  axúdannos a interiorizar cada número coa súa cantidade. 
Éche ben divertido aprender xogando!

luns, 28 de novembro de 2016

ONDE PODEMOS ATOPAR UN DINOSAURIO?

Os cativos de 4 anos C seguimos investigando e buscando todo tipo de información sobre os DINOSAURIOS; onde atopalos, cales son as súas características, se existen ou non, onde viven, como son... 

Estamos aprendendo cousas moi curiosas e divertidas!
 Grazas familias pola vosa implicación!

domingo, 20 de novembro de 2016

MAGOSTO!

E un ano máis os cativos de Educación Infantil celebramos o MAGOSTO na nosa escola.
Mirade o ben que o pasamos, e canto disfrutamos...


martes, 15 de novembro de 2016

CONCURSO!

As nosas compañeiras SABELA e ELENA presentaron uns deliciosos postres no Concurso de Postres que se celebra cada ano na nosa escola. Acompañámolas ao lugar da exposición e aproveitamos para mirar todos os postres dos nosos compañeiros de Infantil e Primaria. Que boa pinta tiñan todos!
Despois do Concurso voltamos buscar os doces coas compañeiras, que os compartiron connosco. Que vos que estaban! Non quedou nin unha migalla...
GRAZAS FAMILIAS!

domingo, 13 de novembro de 2016

FROITOS DE OUTONO

Os cativos de 4 anos C estivemos nesta semana do Magosto aprendendo moitas cousas sobre a castaña e outros froitos propios do outono. E para aprender as súas características, a profe Tania trouxonos á nosa aula unha morea de froitos secos para observar, tocar, e aprender moitas cousas sobre eles! Aproveitamos para probar e degustar cada un deles! Non quedou nadiña!
Grazas Tania por esta experiencia tan deliciosa!

mércores, 9 de novembro de 2016

domingo, 6 de novembro de 2016

O NOSO SAMAíN

Na última semana de outubro celebramos o Samaín aprendendo cousas sobre esta celebración, decorando cabazas, lendo contos de medo, aprendendo xogos e cancións... e tamén facendo uns GATOS NEGROS que non metían medo ningún. 
E como nos quedaron tan ben, levámolos para decorar as nosas casas!


venres, 28 de outubro de 2016

CONTACONTOS NA NOSA BIBLIOTECA

Este mércores tivemos unha sesión de CONTACONTOS na nosa biblioteca. Este ano tocounos un conto de bruxas!! Tivemos un pouco de medo... pero disfrutamos moito!
Grazas ao profe Manu por contarnos o conto: A BRUXA REGAÑADENTES

Non coñecedes este conto?
 Pois aquí podedes disfrutar del:


martes, 18 de outubro de 2016

QUE SAE DUN OVO?

Os cativos de 4 anos C despois da aventura vivida no noso xardín, e de ter que coidar dun ""ovo amarelo"" na nosa aula, decidimos investigar que animal podía saír do noso "" ovo amarelo"".
Por iso estivemos nestes días moi atarefados aprendendo cousas sobre os ovos e os animais que son OVÍPAROS. E as nosas familias axudáronnos moito investigando connosco nas nosas casas.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIAS!

venres, 14 de outubro de 2016

O NOSO OUTONO

O noso OUTONO é laranxa, vermello e amarelo.
O noso OUTONO é fermoso, colorido e sinxelo.

O noso OUTONO é sen choiva, e sen chubasqueiro.
O noso OUTONO é coma nós, doce e silandeiro.

luns, 10 de outubro de 2016

AVENTURA NO XARDÍN!

Os cativos de 4 anos fomos todos xuntiños buscar follas polo noso fermoso xardín. Atopamos moitas! Pero tamén atopamos unhas pegadas moi grandes que non soubemos identificar... de que animal serían? Decidimos investigar e atopamos un niño! Nel había tres ovos grandes e coloridos! Como a súa mamá non estaba e deixou os pobres ovos abandonados as tres clases decidimos ""adoptar"" os ovos... e como nós temos lazo amarelo, tocounos o amarelo! 
Menuda aventura! Para que o oviño non pase frío puxémolo nunha camiña con manta e almofada! Pero non sabemos que imos facer con él! Esperamos que veña a súa familia buscalo?
Este ovo éche ben raro, temos moitas dúbidas: será de galiña, de dragón, de dinosaurio, de vaca?
TEMOS QUE INVESTIGAR...


OVO AMARELO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

domingo, 2 de outubro de 2016

ESTAMOS DE VOLTA!

Rematou setembro e os cativos de 4 ANOS C estivemos facendo unha morea de cousas na nosa escola. 
Aquí podedes ver un pequeno resumo destes primeiros días na nosa aula; as diferentes actividades realizadas, o ben que o pasamos aprendendo cousas novas e o moito que disfrutamos todos xuntos.


Estamos empezando o curso con moita ilusión! Por diante quedan moitas cousas por contar, moitos xogos por xogar, moitas aventuras por compartir... e algún segredo por descubrir.

domingo, 25 de setembro de 2016

APRENDEMOS XOGANDO...

Os cativos de 4 anos C xa levamos uns días nun novo curso, nunha nova aula; coñecendo novos amigos e novos profes.... Nestes días adicamos moito tempo a coñecernos, facernos amigos e disfrutar moitas cousas xuntos: falar, xogar, cantar, escoitar contos... 
Tamén estivemos xogando cos números: contando, agrupando, repasando trazos, recoñecendo e relacionando cada un deles...

Insertar en Blog - collage


Queres xogar na túa casa? 
Pois vai ao seguinte enlace:



martes, 20 de setembro de 2016

"UN NOVO CURSO... UNHA NOVA ILUSIÓN"

Estimadas familias, este blogue quere seguir sendo unha ventaniña aberta á nosa aula de EDUCACIÓN INFANTIL DE 4 ANOS C, e tamén ao noso centro. Aquí poderedes ver o noso día a día na aula: aventuras, experiencias, xogos, contos, cancións....
Esperamos que disfrutedes tanto coma nós!


domingo, 26 de xuño de 2016

MERENDOLA NO XARDÍN!

E un anos máis, os cativos de E. Infantil decidimos celebrar o final de curso, aproveitando o bó tempo, cunha merenda no xardín. Xa vai sendo unha tradición ano tras ano. E despois tivemos un tempo para compartir xogos e risas todos xuntos. 
Canto nos gusta sair cos amigos a merendar ao noso fermoso xardín!


martes, 21 de xuño de 2016

DANDO UNHA VOLTA POLO UNIVERSO!

Os cativos de 5 anos B rematamos o proxecto sobre o UNIVERSO facendo un fermoso mural e dando unhas voltiñas pola lúa. Aquí podedes ver canto traballamos e o moito que nos gustou poñer un novo mural no noso corredor para lucir ben guapos cos nosos traxes de astronautas!


venres, 17 de xuño de 2016

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!

Os cativos de infantil tivemos a semana pasada unha visita moi especial. As nosas amigas de HUELLA SENSORIAL viñeron visitarnos con HURLEY, un canciño que se fixo tamén amigo noso desde o primeiro momento que apareceu na nosa escola. 

luns, 13 de xuño de 2016

AS FASES DA LÚA

Os cativos de 5 anos B estivemos aprendendo nestes días as fases da lúa. E despois decidimos xogar a cambiar as fases lunares facendo a nosa propia lúa, e poñendo a nosa cartulina de diferentes formas para facer a LÚA CHEA, LÚA CRECENTE, LÚA DECRECENTE e LÚA NOVA. 
Foi ben divertido!

mércores, 8 de xuño de 2016

A COLIFLOR...

Lembrades que collemos unha coliflor na nosa horta fai uns días? Pois, estivemos pensando que facer con ela e... decidimos comela con chourizo! Estaba deliciosa! Non deixamos nadiña! 

domingo, 5 de xuño de 2016

SISTEMA SOLAR!




Os cativos de 5 anos B seguimos aprendendo unha morea de cousas novas sobre o SISTEMA SOLAR. Desta vez estivemos coa profe ISABEL facendo os movementos dos planetas arredor de sí mesmos e arredor so SOL. Pasámolo fenomenal! 
Aprender xogando, experimentando, e traballando todos xuntos é a mellor forma de APRENDER!

mércores, 1 de xuño de 2016

NA HORTA!

No mes de abril PAULA trouxonos unhas plantiñas para plantar na nosa horta: leitugas, remolachas, berzas... e fomos todos a plantar! Agora, un mes despois, fomos comprobar como creceron todas as plantiñas e puidemos ver que creceron lentamente, pero non morreron!
Tamén aproveitamos para observar varias cousas: as cenorias aínda son tan cativiñas que non as podemos comer, cada vez hai amorodos máis grandes e fermosos, sairon unha vez máis as papoulas! Estas flores enchen de cor vermello a nosa horta... canto nos gustan!

xoves, 26 de maio de 2016

O SISTEMA SOLAR!

Inés trouxo á aula unhas aportacións moi interesantes sobre o UNIVERSO. Fixo, coa axuda da súa familia, un Sistema Solar ao que non lle faltaba detallle! Ata tiña unha pequena sorpresa, en forma de superheroe!
E como había tantas cousas, decidimos entre todos ir poñéndolle nome a cada unha delas, para así poder lembrarnos de todo... e quedou ben fermoso! 
GRAZAS INÉS! GRAZAS FAMILIA!

luns, 23 de maio de 2016

NA CASA DAS CIENCIAS!

Os cativos de 5 anos, todos xuntos, fixemos unha visita ao PLANETARIO e á CASA DAS CIENCIAS. Aproveitamos para aprender unha morea de cousas sobre ciencia e Universo, tamén para manipular e divertirnos cos diferentes xogos interactivos e, como non, admirar o Péndulo de FOUCAULT
E despois de tanto aprender, fomos merendar e disfrutar todos xuntiños do fermoso parque infantil que hai no Parque de Santa Margarita.
Pasámolo moi ben!


luns, 9 de maio de 2016

DE VISITA NO PARQUE DE BOMBEIROS!

Os cativos de 5 anos B fixemos unha visita ben divertida ao Parque de Bombeiros de A Coruña. Alí amosáronnos as instalacións, o parque móbil, as oficinas.. e puidemos ver como son os uniformes, a cucaña, o ximnasio... foi unha visita ben interesante!
Aprendemos as cousas que debemos facer en caso de incendio, fume ou inundación... Os bombeiros tamén nos contaron como axudan nos rescates por terra e por mar... e, por suposto, aprendemos o número de emerxencia dos Bombeiros! E despois, estivemos practicando coa auga, e  aprendemos a coller a mangueira de forma axeitada para ser uns bos aprendices de "bombeiros".
Aquí podedes ver algunhas fotiños que amosan canto aprendemos... e canto disfrutamos!


xoves, 5 de maio de 2016

SEMANA DO LIBRO!

Un ano máis os cativos de 5 anos B estivemos celebrando a SEMANA DO LIBRO, con unha morea de acividades. Este ano adicámonos a aprender cousiñas sobre JULIO VERNE e as súas obras. Centrámonos na súa obra LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS. Investigamos sobre o autor, fixemos un libriño sobre a súa obra, decoramos marcapáxinas, aprendemos cancións, fixemos manualidades para a exposición da Billioteca... Cantas cousas aprendemos!
E para rematar unha semana tan especial, tivemos unha sesión de contacontos coa profe TATIANA, que nos levou dar unha volta polo mundo da man do señor P. FOGG. Canto nos gustou! MOITAS GRAZAS PROFE TATIANA!


martes, 3 de maio de 2016

VISITAMOS O MERCADO DAS CONCHIÑAS!

Os cativos de 5 anos fixemos a semana pasada unha visita ao MERCADO MUNICIPAL DAS CONCHIÑAS. Como fomos andando, contamos coa inestimable axuda da policía e das familias, que nos axudaron no noso percorrido de ida e volta. Xa no mercado puidemos, coa axuda de Yara e dos placeiros, aprender unha morea de cousas sobre os alimentos. Tamén estivemos a degustar uns deliciosos amorodos e requeixo na merenda! 
E despois fixemos uns fermosos debuxos sobre o que apredemos no MERCADO, que irán ao CERTAME DE DEBUXO: "QUEREOTEUMERCADO". 

Pasámolo fenomenal! Grazas familias, pola vosa axuda e colaboración!


mércores, 27 de abril de 2016

SAÍMOS DE VISITA!

Os cativos de 5 anos B fixemos a semana pasada unha visita moi especial! Fomos á RESIDENCIA LA CIUDAD, unha residencia de ancianos situada na Cidade Vella. Alí coñecemos a persoas ben interesantes e divertidas, que estiveron a pasar a mañán con nós. Fixemos unha morea de amigos!
Tamén coñecemos ao Profe MIGUEL que nos enseñou moitos xogos para facer en parellas coas persoas que alí estaban, compartindo connosco esta fermosa actividade.
Pasámolo moi ben! E ata tivemos algún agasallo! Mirade, mirade:


luns, 25 de abril de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA estivo pasando uns días de visita coñecendo a familia de AVRIL. Pasouno moi ben, porque foi ata Ferrol a pasar uns días de aventuras e moita diversión.
Aquí podedes ver a AVRIL na súa exposición oral:




GRAZAS FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN!

venres, 22 de abril de 2016

DALIAS!

Os cativos de 5 anos B estivemos aprendendo cousas sobre as sementes, como se prantan e tamén como se coidan para que delas poidan sair fermosas prantas e flores. Investigamos buscando información en diferentes libros e decidimos poñer en práctica o aprendido!
Así pois, puxémonos a facer unha fermosa sementeira de DALIAS, unhas prantas ben fermosas, que xa sabemos que poden ser de moitas cores, e que teñen forma redondiña, coma un "pompón".
Agora só temos que ir observando cada día para ver se saen... e se o fixemos ben ou non.
Nacerán todas?


mércores, 20 de abril de 2016

PRIMAVERA!

Levamos uns días facendo manualidades sobre a primavera, decoramos a nosa clase para recibir esta nova estación que tanto nos gusta! As árbores énchense de follas e agroman as flores, aparecen as bolboretas e as xoaniñas... todo cambia, todo renace. Aproveitamos tamén para seguir observando como están a crecer as prantiñas que temos na nosa aula: cenorias, tulipáns, cactus, tomiño, romero...

venres, 8 de abril de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA estivo pasando uns días con JIAJIA e coa súa familia. Pasouno moi ben con ela, xogando cos seus xoguetes e indo de paseo. Tamén foron facer a compra ao supermercado e BIMBA portouse moi ben.
Aquí está JIAJIA contando e amosando as fotiños que trouxo:



GRAZAS FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN!

luns, 28 de marzo de 2016

KEITH HARING

Os cativos de 5 anos B estivemos neste trimestre aprendendo unha morea de cousas sobre KEITH HARING, artista polifacético, pintor, escultor, grafiteiro... Investigamos sobre a súa vida e a súa obra, gustounos moito saber que de cativo adoraba os debuxos animados, igualiño que a nós! E que pintaba nas paredes! 
Tamén descubrimos que creou unha fundación para axudar a remediar problemas sociais, nesta web atopamos cousas ben fermosas que traballamos na aula : 

As obras de HARING parecéronnos todas moi fermosas, pero a que máis nos gustou foi ¨¨O BAILE¨¨, por divertida e colorida. Así que decidimos facela a escala real usando os nosos corpos como siluetas, imitando os movementos do baile na obra de HARING... E aquí podedes ver como fixemos todo o proceso... agora este fermoso cadro xa está dando alegría e colorido nas paredes do noso corredor!




LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA estivo pasando unha fin de semana ben divertida con CRISTIAN e coa súa familia antes das vacacións. Tamén foi de paseo e xogou moito con CRISTIAN.
Aquí  podedes ver a CRISTIAN na súa exposición oral:




GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIA!

mércores, 16 de marzo de 2016

LIBRO VIAXEIRO:BIMBA

BIMBA estivo pasando uns días ben divertidos con RUBÉN e coa súa familia. Ademáis de xogar e durmir xuntos, tamén foron de concerto ao PAZO DA ÓPERA, e ata viron o Arco Da Vella.

Aquí podedes ver a RUBÉN na súa exposición oral:



GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIA!