Visualizacións de páxina totais

mércores, 29 de abril de 2015

SEMANA DO LIBRO!

A celebración da SEMANA DO LIBRO na nosa escola estivo chea de actividades, todas elas ben divertidas! E os cativos de 4 anos estivemos ben atarefados toda esta semana!

Tivemos dúas sesións de conta-contos! Na primeira un mago-contacontos fíxonos maxia con historias, libros e animais... Na segunda sesión a profe Ana contounos un conto que nos gustou moito porque nos explicou o que lle pasou a Don Quijote de tanto e tanto ler libros... e a súa "confusión" cos xigantes/muíños dounos moita risa. Grazas profe Ana por lernos o contiño!

Tamén traballamos na aula facendo fermosos marcapáxinas para levar ás nosas casas, aprendemos cales son os personaxes do Quijote, fixemos debuxiños sobre a obra de Cervantes... E aprendemos coa PDI unha morea de cousas sobre esta obra universal, algunas podedes velas neste enlace:



E aquí, familias, amosamos unha mostra pequeniña de tódalas actividades que realizamos nesta semana tan especial:

martes, 21 de abril de 2015

LIBRO VIAXEIRO: OTO

OTO pasou uns días moi divertidos na casa de Rubén, onde coñeceu a súa familia. Gustoulle moito xogar con Rubén e cos seus xoguetes. E despois de xogar tanto... os dous quedaron dormidos no sofá vendo a tele! Menuda parella esta! OTO tamén saiu con Rubén de paseo, e acompañouno nos días que estivo enfermo.

Aquí podedes ver a Rubén na súa exposición oral:



NORABOA RUBÉN!
GRAZAS FAMILIA!

xoves, 16 de abril de 2015

FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ XOVE


Esta semana fomos de visita á  FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE  para ver algunhas das súas obras de arte. Sonche ben fermosas, e algunha é tan, tan grande... que nos deixou sen palabras.
Tivemos moita sorte, porque Patricia ensinounos a "ler" os cadros. E gustounos moito ir descubrindo as cousas que os pintores querían expresar coas súas obras e os diferentes materias e cores que usaban. Tamén atopamos un "personaxe" moi especial que nos deixou entrar na súa casa... dentro dunha árbore!  Canto disfrutamos! 

 Mirade como aprendemos... As nosas caras falan por nós!

martes, 14 de abril de 2015

BIBLIOTECA SAGRADA FAMILIA




Unha vez máis, os cativos de 4 anos estivemos de visita na biblioteca do noso barrio. Invitounos ""a ovella tecelá"" e as nosas amigas as bibliotecarias presentáronnos a ovelliña Marisol e contáronnos a súa historia... 
E despois amosáronnos as cousiñas que podemos facer nas Bibliotecas Municipais. Tamén nos explicaron a forma de facerse socio... pero moitos de nós xa somos socios! E ao rematar a visita, coa tarxeta de socio da profe, trouxemos unha maleta chea de contos para a nosa clase! Que bonitiños son! Canto nos gustan!



mércores, 8 de abril de 2015

A OVELLA TECELÁ


A OVELLA TECELÁ mandounos fai uns días unha caixiña sorpresa e unha tarxeta na que nos explicaba que anda moi angustiada e que precisa da nosa axuda. Tamén nos achegou uns contiños con fermosas historias cunhas protagonistas especiais: as ovellas!
Así pois imos visitala este xoves á BIBLIOTECA SAGRADA FAMILIA. 

Que che pasa OVELLA TECELÁ? Non te preocupes, que xa te imos visitar mañán e xa nos contas o teu problema... seguro que non é nada!

martes, 7 de abril de 2015

NA HORTA!



Temos a nosa horta ben fermosa! Despois destes días de tempo soleado achegámonos para observar como ían as nosas sementes. E menuda sorpresa levamos! Xa naceron as leitugas que plantamos fai unhas semanas! Tamén observamos como están a crecer os amorodos... e os faballóns que plantamos en Xaneiro están ben altos xa. Estamos moi orgullosos do noso traballo! 




xoves, 2 de abril de 2015

BONILLA!

Os cativos de 4 anos fixemos nestes días unha visita á fábrica de patacas BONILLA, en Arteixo. Nada maís chegar puxemos o noso "uniforme" de traballo e entramos na fábrica, onde nos amosaron o proceso completo de elaboración das patacas fritidas de BONILLA. Aprendemos que primeiro se lavan e despois se pelan nunhas máquinas enormes. Despois frítense con aceite de oliva e sal noutra máquina, e de alí xa saen para ser embolsadas e postas en caixas. Ah! Tamén vimos os "gusanitos", que nos encantan...

Aquí podedes ver as fotiños da nosa visita a BONILLA: