Visualizacións de páxina totais

martes, 31 de marzo de 2015

FELICIDADES AITANA!

AITANA XA TEN 5 ANOS!
FELICIDADES AITANA!


LIBRO VIAXEIRO: OTO

OTO pasou unha fin de semana ben divertida coñecendo a familia de Giulia e disfrutando moito xogando cos seus xoguetes e con ela. Tamén o levaron ao parque onde fixo moitas fotos con Giulia, e despois disfrutaron dunha saborosa merenda.

Aquí podedes ver a Giulia explicándonos todo:



FIXÉCHELO MOI BEN GIULIA!
GRAZAS FAMILIA!

venres, 20 de marzo de 2015

LIBRO VIAXEIRO: OTO

OTO pasou unha fin de semana ben divertida con Cristian e coa súa familia. Aproveitaron para facer moitas cousas xuntos: comeron xuntos, durmiron xuntos... E tamén xogaron moito!
Aquí podemos ver a Cristian na súa exposición oral:



FIXÉCHELO MOI BEN CRISTIAN!
GRAZAS FAMILIA!

mércores, 18 de marzo de 2015

VAN GOGH E A SÚA OBRA(IV)

Outra pequena mostra das aportacións das familias para a nosa exposición na aula sobre Van Gogh e todo o relacionado coa súa obra! MOITAS GRAZAS, FAMILIAS!


Inés trouxonos unha CAIXA-SORPRESA que nos deixou abraiados! dentro da caixa estaba... A ORELLA DE VAN GOGH! Explicounos o que lle pasou ao pintor e o motivo da ferida na orella ... Canto nos gustou vela! 
Tamén nos trouxo dous CDs dun grupo que se chama LA OREJA DE VAN GOGH ... Estivemos escoitando toda esta fermosa música, e encantounos! Pero se non coñecedes o grupo deixámosvos aquí unha das nosas cancións preferidas:  




Samuel trouxonos á aula un xirasol e amosunos as súas partes, díxonos que se chama así porque xira seguindo a luz do sol. Tamén nos trouxo unhas sementes para plantar na escola!
E aquí estamos plantando as nosas semenes de xirasol:

domingo, 15 de marzo de 2015

LIBRO VIAXEIRO: OTO

OTO estivo nesta fin de semana con Martina, e aproveitou para facer unha morea de cousas con ela e coa súa familia. Martina amosoulle os seus xoguetes e pasaron uns días ben divertidos. E como OTO se portou moi ben, Martina xa está desexando volver a levalo á casa outra vez!

Aquí podedes ver a Martina na súa exposición oral:



FIXÉCHELO FENOMENAL MARTINA!
GRAZAS FAMILIA!

mércores, 11 de marzo de 2015

VAN GOGH E A SÚA OBRA(III)

Van Gogh pintou toda unha serie de cadros sobre xirasoles, gustábanlle tanto que non paraba de pintar... Nós estivemos na aula vendo como son estes cadros e tamén estivemos aprendendo cousas sobre eses xirasoles que obsesionaban ao artista.
Paula realizou unha pequena investigación na casa coa axuda da súa familia, e fíxonos unha exposición oral sobre todo o que aprendera sobre os xirasoles como plantas ornamentais e do seu uso como producto alimenticio. Explicounos que dos xirasoles saen as pipas, e trouxonos pipas con cascas e sen cascas para poder observar ben cada unha delas. Amosounos o aceite de xirasol e contounos que se usaba para cociñar... Cantas cousas aprendemos!  GRAZAS POR COMPARTILO CON NÓS PAULA  GRAZAS FAMILIA!

E nós, que somos ben atrevidos e que nos gusta moito experimentar... adiviñades o que fixemos coas pipas? E co aceite? Mirade, mirade: 



martes, 10 de marzo de 2015

AMORODOS!

Os cativos de 4 anos aproveitamos o bo tempo para ir de novo á nosa horta, para observar como crecen as nosas plantiñas(chícharos, fabas, allos, cebolas), están todas ben grandes.

Tamén aproveitamos para plantar unhas plantiñas de amorodos cos nosos amigos da clase de 4 anos C. A profe Mª José explicounos todo moi ben e amosounos a forma tan especial de plantar os amorodos: non eran sementes, eran unhas plantiñas pequeniñas con raiz, talo e follas, e tivemos que poñerlle un plástico para protexelas e que soamente se vexa a planta e non a terrra... parece que están tapadas cunha manta!

Depois tocounos a nós quitar as "malas" herbas e airear un pouco a terra... foi ben divertido!

xoves, 5 de marzo de 2015

VAN GOGH E A SÚA OBRA (II)



Os cativos de 4 anos B estamos aprendendo moitas cousas sobre Van Gogh e as súas obras. Pintou unha morea de cadros con xirasoles, estaba obsesionado con eles e coa cor amarela. Para o pintor era moi especial: era a cor do sol que él buscaba en Arlés, era a cor da súa casa e a cor que representaba o seu mundo interior.
E, decididos a experimentar, disfrutar e "imitar" ao noso amigo Van Gogh, tentamos facer as nosas obras e falar sobre as semellanzas e diferencias que atopamos con respecto a esta fermosa obra.

E aquí podedes ver os nosos traballos! Disfrutamos moito!



martes, 3 de marzo de 2015

LIBRO VIAXEIRO: OTO

OTO  aproveitou a fin de semana para ir de aventuras fora da cidade con Miguel. Coñeceu a súa familia e viaxou moito por toda Galicia! Pasouno moi ben xogando con Miguel e coñecendo lugares novos que nunca antes vira. O que máis lle gustou foi montarse nun quad, e non lle importou que o casco lle quedara tan grande...

Aquí podedes ver a Miguel explicándonos todo:



NORABOA MIGUEL! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!