Visualizacións de páxina totais

luns, 31 de marzo de 2014

DÍA DA POESÍA


Os cativiños de 3 anos estivemos nestes días celebrando esta data tan especial , e aprendendo unha poesía ben fermosa de Antonio García Teijeiro.
Como aínda somos cativiños, só aprendemos un cachiño... pero xa nos sae fenomenal!
Este é o cachiño que aprendemos:

venres, 28 de marzo de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Unha nova biografía chegou á nosa aula nestes días. Martina trouxonos a historia da súa curta vida e amosounos as fotiños que lle puxo. Tamén puidemos ver algunhas das súas pegatinas preferidas.
Aquí podedes ver a súa exposición oral:




NORABOA MARTINA! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

xoves, 27 de marzo de 2014

O CONTO DE RUBÉN



Rubén trouxonos á aula un conto ben fermoso. Tiña moitos debuxiños e letras que xa coñecemos. Eran as vocais!. Explicounos o que era cada cousa. Contouno moi ben! Gustounos moito.
Grazas Rubén por querer compartilo con nós.

martes, 25 de marzo de 2014

PLANTAS

As plantiñas de amorodos que plantamos cos cativiños da profe Conchi están medrando moito! Onte adicamos un tempo a observalas, mirar o seu crecemento e contar as súas follas. Mágoa que unha delas secou... agora só quedan tres plantiñas de amorodos. Esperamos con ilusión ver como medran cada día... Tamén lles puxemos unha "fada protectora", que as coida cando nós non estamos.





domingo, 23 de marzo de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Unha nova biografía chegou á nosa aula. Esta vez foi Rubén o que nos contou moitas cousas da súa curta vida. Amosunos tamén fotiños de momentos moi importantes para el, como o seu primeiro día de escola... o día que nos coñecemos!
Aquí podedes ver a súa exposición oral:




FELICIDADES RUBÉN! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

sábado, 22 de marzo de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Chegounos unha nova biografía á nosa aula. Gabriel contounos cousas da súa curta vida e amosounos unhas fotiños de cando era cativiño. Tamén nos presentou ao seu irmán, que aínda é un bebé.
Aquí podedes ver a exposición oral:




NORABOA GABRIEL! FIXÉCHELO MOI BEN!
GRAZAS FAMILIA!

mércores, 19 de marzo de 2014

CONCERTO!

Hoxe tivemos na escola unha visita moi especial. Pablo Díaz veu deleitarnos con algunhas cancións dos seus discos: TIC-TAC e  TOC-TOC. Gustounos moito escoitalo e cantar con el as súas fermosas cancións.
Aquí podedes ver unhas fotiños da actuación:




E aquí, familias, podedes disfrutar dun "cachiño" da estupenda actuación de Pablo. Mirade o ben que cantamos unha das nosas cancións favoritas. Esperamos que vos guste tanto coma a nós...


luns, 17 de marzo de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Unha nova biografía chegou á nosa aula. Nour amosounos as fotos que lle puxo e explicounos cada unha delas. Tamén nos falou dos seus irmáns e dos seus debuxos animados preferidos.
Aquí podedes ver a súa presentación oral:



FIXÉCHELO MOI BEN NOUR! FELICIDADES!
GRAZAS FAMILIA!

venres, 14 de marzo de 2014

PLANTAS!


Hoxe os cativiños da profe Conchi e máis nós fixemos unha cousa ben bonitiña xuntos... plantamos!! 
A profe Mª José regalounos catro plantiñas... E como eran cativiñas puxémolas nunha maceta máis grande para que estiveran  mellor e creceran moito.
Despois, coa axuda da profe Conchi botámoslle un pouquiño de auga para que "beberan"... E  puxémolas onda a ventana para que lle dera ben o sol....  agora só nos toca esperar e velas crecer día a día.


 


xoves, 13 de marzo de 2014

ROSA CARAMELO

Aproveitando que o 8 de marzo era o Día Internacional da Muller, os cativiños de 3 anos estivemos traballando o conto Rosa Caramelo, que fala da igualdade de xénero. 
Aquí podedes ver o contiño:


Tamén fixemos uns elefantiños de cor "rosa caramelo", como os do conto,  para levar para as nosas casas e xogar con eles. Aquí, familias, podedes ver parte do proceso de elaboración:

mércores, 12 de marzo de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Outra biografía chegou á nosa aula. Esta vez foi Lucas o que nos explicou a biografía da súa curta vida. Amosounos as fotos de cando era bebé, co seu pelo negro, e tamén os debuxiños que lle puxo.
Aquí podedes ver a súa exposición oral:




FELICIDADES LUCAS! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

luns, 10 de marzo de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Unha nova biografía chegou á nosa aula. Esta vez Miguel foi o que nos trouxo a historia da súa curta vida. Contounos como era de bebé e o que facía de cativiño. Tamén nos amosou as fotiños que puxo, e falounos das persoas que estaban con él nas fotos.
Aquí podedes ver a súa exposición oral:




NORABOA MIGUEL! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

domingo, 9 de marzo de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Unha nova biografía chegou á nosa aula nestes días. Esta vez foi Inés a que nos ensinou como era de bebé e as cousas importantes da súia curta vida. Puxo fotos de cando era cativiña, fixo debuxiños, e tamén puxo as súas pegatinas preferidas.
Aquí podes ver parte da súa exposición oral:




NORABOA INÉS! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!!

venres, 7 de marzo de 2014

TROGLODITAS

Os cativiños de 3 anos tivemos o noso primeiro desfile de entroido na escola! E foiche ben divertido! Para ir ao desfile preparamos os nosos disfraces de trogloditas, aprendemos a canción e tamén o baile dos trogloditas... Saiunos fenomenal!
Disfrutamos moito na compañía das nosas familias, que viñeron vernos... que alegría! Grazas por vir!!
Aquí podedes ver unha pequena mostra do moito que traballamos nos nosos disfraces: pintamos os ósiños, fixemos os colares, e tamén puxemos as manchiñas... quedounos fenomenal!.

xoves, 6 de marzo de 2014

MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

O xoves 27 de febreiro, os cativiños de 3 anos fixemos a nosa primeira saída fóra da escola. Que emoción! Que alegría!
A visita ao MAC foi estupenda, vimos umha morea de cousas e tamén coñecemos tódalas persoas que traballan no museo. Podedes ver máis información no BLOG DO MAC :
 http://www.bienvenidosalmuseo.blogspot.com.es/

Como era a nosa primeira saída estreamos unhas tarxetas moi bonitiñas co noso nome e o do noso cole. Tamén era a nosa primeira vez en ir en autobús, gustounos moito... e non tivemos nada de medo!
Aquí podedes ver unha pequena mostra da nosa visita ao MAC, e a viaxe en autobús: