Visualizacións de páxina totais

luns, 21 de abril de 2014

MARACAS

Como xa sabedes, familias, aos cativiños de 3 anos gústanos moito a música , e tamén os instrumentos musicais. E despois de coñecer algúns instrumentos de percusión decidimos facer un nós mesmos.
Estivemos gardando botes de iogur das merendas para facer unha maraca para cada un de nós. E saímos ao patio a buscar pedriñas que nos serviran para poñerlle son ás nosas maracas. Coas pedriñas dentro, empezamos a mover todo e... descubrimos que facían "música" como as maracas de verdade!
Despois voltamos á aula para decorar as nosas maracas, e unha vez rematadas, só nos quedaba tocar e disfrutar!
Aquí podedes ver as fotiños da actividade e o ben que o pasamos:

xoves, 10 de abril de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Unha nova biografía chegou á nosa aula. Esta vez foi Lucía a que nos trouxo a historia da súa curta vida. Amosounos as fotiños que lle puxo e explicounos moitas cousas, como o que vai facer este verán nas vacacións: ir a Marruecos.
Aquí podedes ver a súa exposición oral:




NORABOA LUCÍA! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

venres, 4 de abril de 2014

TARXETAS

Os cativiños de 3 anos decidimos darlle a benvida á primavera facendo unhas tarxetas ben bonitas. Pintamos co dedo un pitiño amarelo, e despois pegámolo nunha cartulina e doblámoslle o pico para poder ver como se abría e pechaba. A tarxeta xa está nas nosas casas para poder difrutar e xogar con ela.

mércores, 2 de abril de 2014

BOLBORETAS

Os cativiños de 3 anos decoramos nas nosas casas, coa axuda das nosas familias, unhas bolboretas moi fermosas para traer ao cole. Moitas grazas familias, unha vez máis, pola vosa axuda e colaboración.
Usámolas todas para decorar o noso mural da primavera e para decorar o pasillo, que nos quedou ben primaveral! Gustounos moito ver as nosas bolboretas ""voando"" pola parede ao lado das dos cativiños da profe Conchi.
Aquí podedes ver o ben que lucen os nosos traballos: