Visualizacións de páxina totais

mércores, 30 de outubro de 2013

FOLLAS DE OUTONO


Estimadas familias:
Aquí podedes ver as follas de outono que, coa vosa axuda, fixeron os cativiños de 3 anos. Quedaron ben fermosas! 
Grazas pola vosa colaboración!!

  

luns, 28 de outubro de 2013

venres, 25 de outubro de 2013

SAMAÍN

Os cativiños de 3 anos B xa estamos esta semana facendo actividades propias do Samaín. E aquí vos deixamos estas cancións tan chulas que estamos aprendendo:





mércores, 23 de outubro de 2013

MURAL DO OUTONO


Os cativiños de 3 anos B e os cativiños de 3 anos A estamos facendo un mural do outono moi bonitiño. Aquí podedes ver como traballamos:


venres, 18 de outubro de 2013

A COR VERMELLA

Os cativiños de 3 años andamos aprendendo as cores. Nestes días estamos pintando de vermello moitas cousiñas...  Como, por exemplo, unha froita, a capa de "caperucita", un círculo...
Tamén estamos  aprendendo a pintar co dediño e co pincel. Mirade que ben que o facemos:

martes, 15 de outubro de 2013

OUTONO

Estimadas familias:
Xa estamos aprendendo cousiñas do OUTONO. 
E para ir empezando, aquí vos deixamos esta canción que estamos aprendendo:

xoves, 10 de outubro de 2013

A NOSA AULA

Estimadas familias:
Xa levamos unhas semanas na escola, coñecéndonos e aprendendo a estar xuntos. Xa nos sentimos moi cómodos na nosa aula. E como xa estamos moi adaptados, aquí vos deixamos unhas fotiños con algunhas das actividades que facemos ao longo da mañán. Esperamos que vos guste...

venres, 4 de outubro de 2013

AS NOSAS MANS

Estimadas familias:
Aquí podedes ver unha pequena mostra das nosas mans,
feitas con pintura de dedos.
Quedaron fenomenal!



xoves, 3 de outubro de 2013

OS DÍAS DA SEMANA

Estimadas familias:
Nestes primeiros días de escola andamos aprendendo unha morea de cousas.
E para aprender ben os días da semana cantamos ( e bailamos) esta canción 
que nos gusta moito.
Queredes ver como é?  Pois mirade aquí: