Visualizacións de páxina totais

xoves, 19 de decembro de 2013

MÁIS VISITAS...

E hoxe tivemos unha nova visita na escola. Papá Noel e os seus elfos viñeron a recoller as nosas cartas e, de paso, cantaronnos unhas cancións moi marchosas. Como podedes ver, familias, este Papá Noel era moi "rockanroleiro" e estaba moi "rexuvenecido"...

mércores, 18 de decembro de 2013

TEMOS VISITA!


Hoxe recibimos unha visita moi especial. Estivemos preparando as nosas cartas para os Reis Magos, que viñeron á nosa escola: recolleron as nosas cartas, atenderon as nosas peticións, e ademáis déronnos uns carameliños ...



E aquí podedes ver a nosa entrega de cartas:





luns, 16 de decembro de 2013

DECORANDO O NADAL

Nestes días os cativiños de 3 anos estivemos moi atarefados facendo as decoracións propias do Nadal: estreliñas, bolas de cores, paisaxes nevados... 
Aquí nos podedes ver traballando con pincel e expoñendo os nosos traballos:

martes, 10 de decembro de 2013

ÁRBORES DE NADAL!


Os cativos de 3 anos B fixemos nas nosas casas, coa axuda das nosas familias, unhas árbores ben fermosas para decorar a nosa escola. E aquí nos podedes ver "posando" coas nosas árbores e decorando os corredores da nosa escola...

GRAZAS FAMILIAS, UNHA VEZ MÁIS, POLA VOSA COLABORACIÓN!


árbores - diapositivas

venres, 6 de decembro de 2013

O NOSO KANDINSKY

Nestes días os cativiños de 3 anos B estivemos aprendendo cal era o círculo e cal era o cadrado, que o círculo é redondiño coma o sol e que o cadrado ten catro "piquitos". 
unha boa maneira de asentar estes conceptos foi observar este fermoso cadro de KANDINSKY: "Cuadrados con círculos concéntricos".

Descubrimos  que  hai  círculos  de  moitas  cores, e que todos están dentro dunha  "ventana" que  é  cadrada. Tamén  chegamos a  unha conclusión:  hai  12  cadrados,  pero  círculos  non  sabemos  cantos son... decidimos que eran ¨moitos".

E aquí familias, podedes ver unha pequena mostra do noso proceso de creación inspirándonos en  KANDINSKY  e na súa obra:


Que vos parece? A nos gústanos moito. Somos uns artistas!

xoves, 5 de decembro de 2013

martes, 3 de decembro de 2013

SEGUIMOS CO 1...

... e para que nos lembremos ben como é decidimos pintalo e poñerlle alkil e purpurina para que nos quedara ben fermoso.





Unha vez seco, xa está listo para levar para as nosas casas!
Así poderemos poñelo na nosa habitación,
 e miralo canto queiramos!

venres, 29 de novembro de 2013

O NOSO AMIGO MIMOS


Familias, o noso amigo Mimos está moi contento nesta escola. 
Nestes días Mimos vai ás nosas casas para coñecer as nosas familias: cada día un de nós levao para a casa, xoga con él e traeo de volta ao día seguinte. E aproveitando a visita estamos facendo un novo amiguiño para que o acompañe na escola.     

Grazas familias pola vosa colaboración!


Nesta entrada irán aparecendo tódolos amigos de Mimos que ides creando:


Ainara fixo unha amiga para Mimos, chámase LUISITA.
É  moi fermosa e cariñosa.

Aitana fixo unha amiga para Mimos, chámase CARICIAS.
É moi tímida e cariñosa, non se deixa ver!

Paula fixo unha amiga para Mimos, chámase RAIO.
É moi agarimosa e sonríe moito.

Johsan fixo unha amiga para Mimos, chámase BICICLETA.
É moi presumida, ata leva gorro...


Samuel fixo unha amiga para Mimos.
 Chámase Margarita, e ten o pelo moi longo.

Lucas fixo un pequeno amigo para Mimos.
Púxolle de nome JOSÉ MARÍA
Miguel fixo un amigo para Mimos.
Xa lle puxo nome... chámase POMPONES

Inés fixo un amigo para Mimos.
Chámase GUANTERETA OJOS.

Gabriel tamén lle puxo un nome ao amigo de Mimos: JUANITO


Rubén tamén fixo un amigo para Mimos. Realmente, son cinco!.
 Chámase CINCO ANIMALITOS

Martina fixo un amigo para xogar con Mimos.
Aínda non se deciciu a poñelle un nome...

Lucía fíxolle un amigo a Mimos.
Non se deciciu a poñelle un nome...

martes, 26 de novembro de 2013

PIZARRA DIXITAL

Como podedes ver familias, estamos aprendendo o número 1 e a súa escrita. E na pizarra dixital podemos practicar un montón sen medo a equivocarnos. E se nos equivocamos, borramos... e xa está!

venres, 22 de novembro de 2013

APRENDEMOS XOGANDO...

Os cativiños de 3 anos B estamos xogando co número 1. A profe fíxonos o número 1 ben grande no chan, para que poidamos subirnos a él! Gústanos subir, parece unha montaña...



E  así estamos estes días, sube que te sube:




 

mércores, 20 de novembro de 2013

A MIÑA FAMILIA


Os cativiños de 3 anos B estivemos estes días falando das nosas familias. 
Trouxemos fotos e puxémolas nunha casiña ben bonitiña.


E aquí nos podedes ver facendo a nosa exposición oral  diante dos nosos compañeiros.
Explicamos cantos son os membros da nosa familia e como se chama cada un.
 Fixémolo fenomenal!
GRAZAS FAMILIAS POLAS FOTOS!

luns, 18 de novembro de 2013

MAGOSTO 2013

Os cativiños de 3 anos B celebramos este venres o noso primeiro MAGOSTO na escola. E foi ben divertido!! Xogamos coas castañas, e despois fixemos unha degustacion todos xuntos.
Mirade que ben que o pasamos:

xoves, 14 de novembro de 2013

MAGOSTO

Os cativiños de 3 anos B estamos practicando nestes días as cancións do magosto. E xa nos saen fenomenal! Mirade, mirade ...



luns, 11 de novembro de 2013

MAGOSTO 2013

Estimadas familias: 
Nesta semana imos celebrar o MAGOSTO, e xa estamos preparando todo: xogos, contos, cancións, asado e degustación de castañas...
... e para ir abrindo boca aquí vos deixamos unha das cancións que imos aprender nestes días.



domingo, 10 de novembro de 2013

AMARELO

Os cativiños de 3 anos B andamos moi atarefados aprendendo a cor amarela. E aquí  nos podedes ver pintando as follas do outono, por suposto, en amarelo!


AMARELO - presentacion imagenes

luns, 4 de novembro de 2013

SAMAÍN 2013

Os cativiños de 3 anos pasamos un  SAMAÍN  moi divertido na nosa escola. Fixemos moitas actividades, e para que as poidades difrutar tamén vós, aquí vos deixamos unha pequena mostra:


E, se queredes ver a obra de teatro, podedes facelo neste blog :  http://chilsemania.blogspot.com.es/

mércores, 30 de outubro de 2013

FOLLAS DE OUTONO


Estimadas familias:
Aquí podedes ver as follas de outono que, coa vosa axuda, fixeron os cativiños de 3 anos. Quedaron ben fermosas! 
Grazas pola vosa colaboración!!

  

luns, 28 de outubro de 2013

venres, 25 de outubro de 2013

SAMAÍN

Os cativiños de 3 anos B xa estamos esta semana facendo actividades propias do Samaín. E aquí vos deixamos estas cancións tan chulas que estamos aprendendo:





mércores, 23 de outubro de 2013

MURAL DO OUTONO


Os cativiños de 3 anos B e os cativiños de 3 anos A estamos facendo un mural do outono moi bonitiño. Aquí podedes ver como traballamos:


venres, 18 de outubro de 2013

A COR VERMELLA

Os cativiños de 3 años andamos aprendendo as cores. Nestes días estamos pintando de vermello moitas cousiñas...  Como, por exemplo, unha froita, a capa de "caperucita", un círculo...
Tamén estamos  aprendendo a pintar co dediño e co pincel. Mirade que ben que o facemos:

martes, 15 de outubro de 2013

OUTONO

Estimadas familias:
Xa estamos aprendendo cousiñas do OUTONO. 
E para ir empezando, aquí vos deixamos esta canción que estamos aprendendo:

xoves, 10 de outubro de 2013

A NOSA AULA

Estimadas familias:
Xa levamos unhas semanas na escola, coñecéndonos e aprendendo a estar xuntos. Xa nos sentimos moi cómodos na nosa aula. E como xa estamos moi adaptados, aquí vos deixamos unhas fotiños con algunhas das actividades que facemos ao longo da mañán. Esperamos que vos guste...

venres, 4 de outubro de 2013

AS NOSAS MANS

Estimadas familias:
Aquí podedes ver unha pequena mostra das nosas mans,
feitas con pintura de dedos.
Quedaron fenomenal!